vivencias-do-carme-antonio-puertas
Blog

Vivencias da Festa do Carmen de Camariñas, por Antonio Puertas

As vivencias que eu gardo da nosa festa do Carme, remóntanse até case que apalpar aqueles afastados anos da miña infancia. Eran tempos difíciles…moi difíciles. Tanto, que por haber, non había case que nada. Rúas e corredoiras aturadas de croios e de lama, alampando luceiros de carburo espallados en medio das casas, e por algún que outro rueiro do centro; procesións en noites de inverno, con fachucos de palla, e