Programa 2019

O Carme de Camariñas

A mellor Festa do Mundo

Unha semana chea de actividades

O Carme de Camariñas 2019 encherá as rúas da vila das Palilleiras dun amplo elenco de actos festivos. Dende o día 15 de xullo no que os rapaces e mestres do IES Pedra da Águia que cantarán o pregón que da inicio ás nosas festas, pasando pola máis importante procesión marítima do noroeste español e rematando co gran concerto do Carme Folk. Seis intensos días para vivir o carme de Camariñas. A MELLOR FESTA DO MUNDO!

15 de Xullo de 2019

O Carme dos Nenos

Ás 12:00 lanzamento de 21 bombas de palenque e repique campás. Amenizarán o comezo das festas a MINIPROCESIÓN dos nenos e nenas do Campamento de Camariñas acompañados deun grupo de gaitas. De seguido PREGÓN OFICIAL do Carme 2019 a cargo do CAMARIÑÁN DE HONRA na Praza de Insuela.

15 de Xullo de 2019

16 de Xullo de 2019

Día Grande de Camariñas

Ás 9:30 Saída da Danza de Arcos de Camariñas dende a Praza do Concello acompañada polo Grupo de Gaitas MALANTE de Malpica. Alborada cunha BANDA DE MÚSICA e coa grupo de gaitas VAICHE BOA. As 11:00 diante da Estatua do Carme homenaxe aos NOSOS MARIÑEIROS falecidos no mar. De seguido saída da Procesión dende a Igrexa de San Xurxo coa Danza de Arcos. Ás 12:00 Misa de Campaña no Porto acompañada polo CORO PARROQUIAL DE CAMARIÑAS.  Procesión Marítima e espectacular traca de bombas á chegada da Virxen ao Porto de Camariñas. De seguido gran sesión vermú a cargo dunha GRAN ORQUESTRA. Pola tarde pasarrúas co Grupo de Gaitas “CON TODO EN BANDA”. Dende as 11 da noite gran verbena a cargo da orquestra CLAXON. A partir da 1 da madrugada gran TRACA DE FOGOS ARTIFICIAS. Ao remate dos fogos actuación estelar do gran grupo RÁFAGA

17 de Xullo de 2019

Levamos de volta a Virxe en procesión

Alborada co Grupo de Gaitas ABRINDO REJO e Banda de Música de FERROL. Ás 12 da mañán celebrarase a procesión de subida da Virxen do Carmen levada pola Danza de Arcos. Acompañarán musicalmente o acto o Grupo de Gaitas VAICHE BOA E CON TODO EN BANDA e a Banda de Música FERROL. Lanzamento dunha gran Traca de BOMBAS DE PALENQUE. Baile vermú a partir das 14:00 horas. Á tarde pasarrúas co Grupo de Gaitas ABRINDO REJO.  Á noite gran verbena a cargo das orquestras  PARIS DE NOIA e COMBO DOMINICANO.

17 de Xullo de 2019

18 de Xullo de 2019

O Carme Tradicional

GRAN SARDIÑADA NA PRAIA AREA DA VILA a partires das 14:00 horas con baile vermú na mesma praia a cargo dun GRAN GRUPO.  Pasarrúas co grupo de gaitas VAICHE BOA. Durante toda a tarde haberá xogos hinchables e tradicionais para os máis cativos.Actuación en vivo das Cansorriñas e pasarrúas co Grupo de Gaitas Vaiche Boa. Ás 7 da tarde actuación da Escola Municipal de Baile Tradicional do Concello de  Camariñas. Pola noite gran verbena a cargo da orquestra PANORAMA e do impresionante espectáculo da Disco Móbil IMPACTO

19 de Xullo de 2019

O Carme do Emigrante

Alborada co Grupo de Gaitas CON TODO EN BANDA. Sesión Vermout a cargo dunha GRAN ORQUESTRA. Pola tarde pasarrúas co Grupo de Gaitas CON TODO EN BANDA. Á noite gran verbena a cargo da ORQUESTRA FINISTERRE E A Disco Móbil IMPACTO.

19 de Xullo de 2019

20 de Xullo de 2019

O Carme FOLK

Sábado pola tarde Gran Festa Folk con actuación de grupos de gaitas, baile tradicional, cantos de taberna, festa e troula...Gran concerto coa actuación do gran grupo de música galega SAMARUAS e actuacióin final do mítico grupo de música tradicional TREIXADURA

Cartel do Carme 2019

Dende o 15 ata o 20 de xullo celebramos as festas do Carme de Camariñas 2019 cun espectacular Cartel que vos amosamos a continuación

As mellores orquestras

As mellores orquestras e grupos de talla internacional danse cita durante as Festas do Carme de Camariñas 2019

Procesión Marítima

Unha das máis impresionantes procesión marítimas do noroestes español celébrase este 16 de xullo en Camariñas

Danza de Arcos

A danza branca por excelencia de toda a provincia da Coruña rendirá tributo a Virxe do Carme de Camariñas

O Carme Folk

Para rematar as festas do Carme 2019 celebraremos o Carme Folk con dous supergrupos como son Treixadura e Samarúas