Programa 2021
O Carme de Camariñas 2021
A mellor festa do mundo
O Carme 2021
Como consecuencia da situación de pandemia que estamos a vivir, este programa poderá sufrir modificacións e, polo tanto, poderá ser ampliado se as autoridades competentes permitan, ou deneguen, algún tipo de actuación.
VENRES 16 de xullo de 2021 - Día Grande de Camariñas
Alborada a cargo da banda de gaitas Abrindo o Rejo e unha banda de música. Danza de Arcos acompañada polos grupos de gaitas Con Todo en Banda e Vaiche Boa. Homenaxe aos mariñeiros falecidos no último ano, diante da imaxe do Carme do Paseo Marítimo. Procesión, se as autoridades sanitarias o permiten, co traslado da Virxe Grande ate a Praza do Mercado. Entrega do recoñecemento de Camariñán de Honra ao ilustre fillo de Camariñas D. Xosé Luís Blanco Campaña. Misa solemne na honra da Virxe do Carme. Procesión marítima e ofrenda floral aos homes e mulleres que perderon a vida no mar. Gran traca ao retorno da Procesión Marítima. Sesión Vermut a cargo da Charanga MEKÁNICA ROLLING BAND Ao longo do día haberá actuacións itinerantes da charanga LOUBAND e do dúo D´FESTA
Sábado 17 de xullo de 2021 - Levamos de volta á Virxe en procesión
Alborada a cargo dos grupos de gaitas Abrindo o Rejo, Vaiche Boa e Con Todo en Banda. Danza de Arcos e traslado da Virxe Grande a igrexa parroquial de San Xurxo, con disparo dunha traca de fogos artificiais. Misa solemne na honra dos afogados no mar. Sesión Vermut a cargo da charanga O RUMBO DE SARDIÑEIRO. Ao longo da tarde animación itinerante a cargo do dúo D’FESTA.
Nota informativa sobre a Covid-19
Como consecuencia da situación de pandemia que estamos a vivir, este programa poderá sufrir modificacións e, polo tanto, poderá ser ampliado se as autoridades competentes permitan, ou deneguen, algún tipo de actuación.
Agradecemos a colaboración inmensa do pobo de Camariñas, do seu concello, da confraría, e dos grupos de gaitas Abrindo o Rejo, Vaiche Boa e Con Todo en Banda.
A COMISIÓN, recomenda encarecidamente que se extremen as medidas de protección sanitaria e as recomendacións das autoridades nesta materia.