Programa completo de festas

O Carme 2021

A mellor festa do mundo

O Carme 2021

Parece que a pandemia causada polo COVID-19 comeza a ceder en Camariñas, coma no resto do mundo, estamos empezando a comezar a vivir un pouco máis preto o fin deste pesadelo. Aínda así o Carme 2021 será moi parecido ao que celebramos no 2020, en plena pandemia xa que aínda non se poden relaxar as medidas.

16 de xullo de 2021 - Día Grande de Camariñas

Danza de Arcos

Homenaxe aos mariñeiros falecidos no último ano.

Celebración da Misa Solemne na Praza do Mercado, con medidas covid e recinto acoutado. A día de hoxe non sabemos si se autorizarán as procesións polo que non podemos garantir a baixada da Imaxe do Carme dende a Igrexa de San Xurxo ate o Curbeiro. Si, de aquí aló, se autorizan, falaremos con Don Eduardo para facer a procesión como tódolos anos. Si non fose así, faremos a Misa coa Imaxe Pequena.

Recoñecemento ao Camariñán de Honra.

Procesión Marítima como o ano pasado, con tripulacións exclusivamente, e depósito de coroas na bocana da ría.

Gran Traca que se disparará ao retorno da procesión.

Pasarrúas con grupos de gaitas, percusión e charangas diversas por todo o pobo ate o horario que as autoridades autoricen.

17 de xullo de 2021 - Levamos de volta á Virxe en procesión

Danza de Arcos.

Misa

Pasarrúas con grupos de gaitas, percusión e charangas.

18 de xullo de 2021 - A Sardiñada na Area da Vila

Estamos a espera de ver como evoluciona a normativa. Si se nos permite é a nosa intención organizar a Sardiñada na Area da Vila. Si non é así, agardemos que o próximo ano podamos disfrutala.

Cartel do Carme 2021

A continuación che presentamos o cartel da edición 2021 das grandes festas do carme de camariñas