Programa 2019

O Carme de Camariñas

A mellor festa do mundo

O Carme 2019

Unha semana chea de actividades. O Carme de Camariñas 2019 encherá as rúas da vila das Palilleiras dun amplo elenco de actos festivos. Dende o día 15 de xullo no que os rapaces e mestres do IES Pedra da Águia que cantarán o pregón que da inicio ás nosas festas, pasando pola máis importante procesión marítima do noroeste español e rematando co gran concerto do Carme Folk. Seis intensos días para vivir o carme de Camariñas. A MELLOR FESTA DO MUNDO!

15 de xullo de 2019 - O Carme dos nenos

Ás 12:00 lanzamento de 21 bombas de palenque e repique campás. Amenizarán o comezo das festas a MINIPROCESIÓN dos nenos e nenas do Campamento de Camariñas acompañados deun grupo de gaitas. De seguido PREGÓN OFICIAL do Carme 2019 a cargo do CAMARIÑÁN DE HONRA na Praza de Insuela.

16 de xullo de 2019 - Día Grande de Camariñas

Ás 9:30 Saída da Danza de Arcos de Camariñas dende a Praza do Concello acompañada polo Grupo de Gaitas MALANTE de Malpica. Alborada cunha BANDA DE MÚSICA e coa grupo de gaitas VAICHE BOA. As 11:00 diante da Estatua do Carme homenaxe aos NOSOS MARIÑEIROS falecidos no mar. De seguido saída da Procesión dende a Igrexa de San Xurxo coa Danza de Arcos. Ás 12:00 Misa de Campaña no Porto acompañada polo CORO PARROQUIAL DE CAMARIÑAS. Procesión Marítima e espectacular traca de bombas á chegada da Virxen ao Porto de Camariñas. De seguido gran sesión vermú a cargo dunha GRAN ORQUESTRA. Pola tarde pasarrúas co Grupo de Gaitas “CON TODO EN BANDA”. Dende as 11 da noite gran verbena a cargo da orquestra CLAXON. A partir da 1 da madrugada gran TRACA DE FOGOS ARTIFICIAS. Ao remate dos fogos actuación estelar do gran grupo RÁFAGA

17 de xullo de 2019 - Levamos de volta á Virxe en procesión

Alborada co Grupo de Gaitas ABRINDO REJO e Banda de Música de FERROL. Ás 12 da mañán celebrarase a procesión de subida da Virxen do Carmen levada pola Danza de Arcos. Acompañarán musicalmente o acto o Grupo de Gaitas VAICHE BOA E CON TODO EN BANDA e a Banda de Música FERROL. Lanzamento dunha gran Traca de BOMBAS DE PALENQUE. Baile vermú a partir das 14:00 horas. Á tarde pasarrúas co Grupo de Gaitas ABRINDO REJO. Á noite gran verbena a cargo das orquestras PARIS DE NOIA e COMBO DOMINICANO.

18 de xullo de 2019 - O Carme tradicional

GRAN SARDIÑADA NA PRAIA AREA DA VILA a partires das 14:00 horas con baile vermú na mesma praia a cargo dun GRAN GRUPO. Pasarrúas co grupo de gaitas VAICHE BOA. Durante toda a tarde haberá xogos hinchables e tradicionais para os máis cativos.Actuación en vivo das Cansorriñas e pasarrúas co Grupo de Gaitas Vaiche Boa. Ás 7 da tarde actuación da Escola Municipal de Baile Tradicional do Concello de Camariñas. Pola noite gran verbena a cargo da orquestra PANORAMA e do impresionante espectáculo da Disco Móbil IMPACTO

19 de xullo de 2019 - O Carme do emigrante

Alborada co Grupo de Gaitas CON TODO EN BANDA. Sesión Vermout a cargo dunha GRAN ORQUESTRA. Pola tarde pasarrúas co Grupo de Gaitas CON TODO EN BANDA. Á noite gran verbena a cargo da ORQUESTRA FINISTERRE E A Disco Móbil IMPACTO.

20 de xullo de 2019 - O Carme Folk

Sábado pola tarde Gran Festa Folk con actuación de grupos de gaitas, baile tradicional, cantos de taberna, festa e troula…Gran concerto coa actuación do gran grupo de música galega SAMARUAS e actuacióin final do mítico grupo de música tradicional TREIXADURA

Cartel do Carme 2019

Dende o 15 ata o 20 de xullo celebramos as festas do Carme de Camariñas 2019 cun espectacular Cartel que vos amosamos a continuación