A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa (ACCDR) “Virxe do Carme de Camariñas, acordou conceder o recoñecemento de CAMARIÑÁN DE HONRA 2021, a D. Xosé Luís Blanco Campaña. Os méritos que a ACCDR tivo en consideración para outorgar o mencionado recoñecemento foron, entre outros:
A defensa e difusión de Camariñas e dos valores camariñáns ao longo da súa traxectoria profesional e persoal.
As achegas que, no eido da literatura, da música e da memoria histórica da nosa vila e do seu concello, ten feito ao longo de toda a súa traxectoria vital.
Pola súa vinculación a Camariñas, ás súas tradicións e a súa cultura popular, e, en xeral, por facer de embaixador permanente de Camariñas en tódolos lugares e ocasións en que desenvolveu a súa vida profesional e persoal.
Polo seu compromiso persoal con Camariñas, co seu tecido social, coas súas institucións, e con canta iniciativa social e colectiva que o demandase.