Virxe do Monte 2021: Comunicado da Comisión de Festas

En circunstancias normais o próximo luns celebraríamos a festividade da Virxe do Monte, pero, como todos sabemos, este ano tampouco se dan as condicións para que podamos abordar unha celebración desta natureza. Para ver en que medida poderíamos colaborar coa parroquia para a organización dos actos relixiosos na capela do Monte Farelo, comunicóusenos que estas quedan aprazadas ate que rematen as obras que se están levando a cabo no interior da capela e que, cando estas rematen, subirase a imaxe da Virxe do Monte para honrala como se merece e como sempre foi tradición.

Así pois, cando dende a parroquia se nos comunique que a Capela do Monte está en disposición de acoller os actos litúrxicos, prestaremos toda a colaboración para facelo do xeito mais solemne e digno posible, con tirada de bombas, pasarrúas e demais actos compatibles co que as autoridades determinan na actual situación. No momento oportuno informaremos de todo e do programa de actividades.

Queremos trasladar tamén, que o ano pasado comezamos a recollida de donativos para a celebración da festa de 2020 pero que, pola situación de pandemia, houbo que suspender. Si ben solo recollemos aproximadamente os donativos de menos da metade do pobo, eses recursos utilizarémolos este ano, ate onde alcancen, para os gastos de bombas, pasarrúas, e todo aquelo que se precise, incluso, si as circunstancias o permitisen, unha pequena romaría no momento da baixada da imaxe da Virxe do Monte á Capela do Carme no verán.

De todo iremos informando segundo se vaian producindo os acontecementos. Agradecemos a colaboración de todos e esperamos, e desexamos, que este sexa o último ano sen festas da nosa patroa e patroa da Armada Española ate o século XIX.

A pesar das circunstancias, desexámosvos a todos unhas felices festas para todos.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas