Unha carretilla a tope para unha gran colaboradora do Carme de Camariñas

Da a impresión que, algunhas veces, a deusa fortuna ponse ao xeito e premia aos bos e xenerosos coa organización da nosa festa. Son moitas as persoas que, sen formar parte da Comisión do Carme, botan unha man cada vez que se necesita. Tantas que nin nos atrevemos a citar algunhas por medo a deixar a alguén fora.

Unha desas persoas é María José. Unha arteixana asentada en Xaviña que, sempre que as súas obrigas llo permiten, aí está poñendo o seu gran de area para recadar fondos para unha das festas mais importantes do programa festeiro de Galicia: o Carme de Camariñas. María José fai de cociñeira, camareira, decoradora, vendedora de rifas, animadora sociocultural… e un número indeterminado de tarefas como solo os que se viron nestas lides coñecen.

Casualidades da vida. María José ven de compras a Camariñas e, non por casualidade, Sefa atopábase ofrecendo rifas e lotaría diante da tenda de encaixe María Julia. Aquí te pillo, aquí te mato, sen saber como, María José fíxose dona dun puñado de rifas e Sefa sigueu batendo os seus records de vendedora. Quen lle ía dicir a María José que nesa manchea de rifas estaba a terminación do primeiro premio da lotaría do Neno. Tan segura estaba de que non tiña o premio que a piques estivo de tirar con elas, segundo nos conta.

Pois aquí a tendes, moi fachendosa coa súa carretilla, recollendo o premio da man da vendedora da rifa. Ela di estar moi agradecida pero os agradecidos somos nos pola colaboración que sempre atopamos entre tódolos camariñáns para sacar adiante un reto tan magnífico como as nosas festas.

Noraboa María José e moitísimas gracias a todos por colaborar mercando as nosas rifas.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas