Sorteo dunha gamela e unha carretilla cheas de productos do Carme

O grupo humano que forma parte da Comisión do Carme 2020 segue no seu laborioso afán de recaudar os euriños necesarios para organizar a vindeira edición da nosa festa. Para elo, neste nadal 2019 realizaron dous sorteos cáseque consecutivos de dúas cestas de nadal. Pero non foron dúas cestas ao uso como as que estamos acostumados a ver en calqueira lugar, se non que se confeccionaron, unha delas a base dunha gamela típica e outra abarrotando ata os topes unha carretilla de obra. Cada unha delas está sendo exposta na cristaleira da Cafetería Belmar, ao lado do Bar A Ría, e na que poderedes comprobar todos e cada un dos suculentos manxares coas que están compostas estas espectaculares cestas. E xa sabedes, todo aquel que desexe mercar unha rifa para ter opción de encher a súa casa de productos de primeira calidade, non ten máis que pedilas a calqueira dos integrantes da comisión de festas. Dúas orixinais iniciativas que se suman a este gran traballo que se está a realizar dende a comisión de festas do Carme de Camariñas 2020. Non hai rival!

Share on facebook
Compartir en Facebook
Share on twitter
Compartir en Twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas