Programa do Carme de Camariñas 2021

Dende a Comisión de Festas do Carme queremos facer pública a folla de ruta que comezamos hoxe e ate o día 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme e compartila con todos.

Este ano, a pesar dos bos augurios que xa se albiscan, seguimos tendo limitacións severas que nos impiden realizar unha programación normal para as nosas festas. A día de hoxe estamos traballando nun programa moi semellante ao do ano pasado onde contemplamos:

Día 16 de xullo

  • Danza de Arcos
  • Homenaxe aos mariñeiros falecidos no último ano.
  • Celebración da Misa Solemne na Praza do Mercado, con medidas covid e recinto acoutado. A día de hoxe non sabemos si se autorizarán as procesións polo que non podemos garantir a baixada da Imaxe do Carme dende a Igrexa de San Xurxo ate o Curbeiro. Si, de aquí aló, se autorizan, falaremos con Don Eduardo para facer a procesión como tódolos anos. Si non fose así, faremos a Misa coa Imaxe Pequena.
  • Recoñecemento ao Camariñán de Honra.
  • Procesión Marítima como o ano pasado, con tripulacións exclusivamente, e depósito de coroas na bocana da ría.
  • Gran Traca que se disparará ao retorno da procesión.
  • Pasarrúas con grupos de gaitas, percusión e charangas diversas por todo o pobo ate o horario que as autoridades autoricen.

Día 17 de xullo

  • Danza de Arcos.
  • Misa
  • Pasarrúas con grupos de gaitas, percusión e charangas.

Día 18 de xullo

  • Estamos a espera de ver como evoluciona a normativa. Si se nos permite é a nosa intención organizar a Sardiñada na Area da Vila. Si non é así, agardemos que o próximo ano podamos disfrutala.

A maiores:

Estamos facendo xestións, que iremos concretando ao longo das próximas semanas, para que haxa outro tipo de espectáculos permitidos polas autoridades sanitarias e que, de ser autorizados, farán que o Carme 2021 se pareza un chisquiño ao Carme de toda a vida.

Para poder levalo a cabo contamos a inestimable axuda do Concello, e cos donativos e os fondos que recademos das actividades. Así que comunicamos a nosa intención de comezar a recoller donativos porta a porta como é tradición, Sefa estará vendendo camisetas, tellas decoradas, pratos e cuncas co anagrama da Virxe do Carme e, este ano por primeira vez, arcos para adornar as fachadas das nosas casas durante a celebración das festas. Agradecemos de antemán toda a axuda prestada.

VIRXE DO MONTE

Queremos tamén trasladar que, SEMPRE DE ACORDO CON DON EDUARDO, CURA PÁRROCO DE CAMARIÑAS, cando se autoricen as procesións, farase un acto solemne e digno. Para iso contamos cos donativos recollidos o ano pasado e que están reservados para esa finalidade e non para outra. Esta comisión está sempre en contacto co Señor Cura e non fai nada que previamente non estivese falado con el.

Xa podes colaborar co Carme vía Paypal

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas

fai o teu donativo ao carme a través de paypal