Non parece casualidade pero da que pensar que en menos dunha semana dous Xefes da Danza de Arcos tomasen o camiño da eternidade e da lenda. Os dous, como tódolos que antes foron e serán, gardan un lugar de honra no corazón dos camariñáns pero algúns deixaron unha pegada mais profunda e prolongada. Quizá po lo seu carácter. Quizá polo respecto que se gañaron ao longo dos anos. Quizá porque polas súas venas non corre a sangue se non o salitre do mar mesturado cun caudal enorme de devoción por Camariñas e polas súas tradicións.
Fai uns días foi José de Ramoniña. Hoxe é Chuco de Marciana, “Chuquiño” para todos nos. Ámbolos dous gañáronse o respecto para acadar a dignidade que significa encabezar a serpe multicolor que danza, ate o esgotamento, na honra do Carme e de Camariñas, porque, para acadar a cabeza da Danza de Arcos non fan falta mais méritos que gañarse a confianza e o respecto de tódolos integrantes da mesma e de todo o pobo. E Chuquiño e José, coma outros antes que eles, gañárono con creces.
Cando, nas noites claras de nordés miremos ao ceo, veremos que a Danza de Arcos que alí brilla ten outro compoñente mais: un XEFE.
Descansa en paz querido Chuquiño e alí nos veremos todos para poñernos ás túas ordes na Danza. Coma sempre.