Hoxe a Virxe do Carme está contenta porque recibe a un dos seus

Erguémonos hoxe cunha triste nova. Un home do mar, un camariñán de corazón e de feitos, un home do Carme, o pai do noso amigo e compañeiro na Comisión do Carme, Tedín, acaba de deixarnos. Longos anos loitou Manolo do Caracol contra a enfermidade coa mesma carraxe que loitou moitos anos contra os tombos do mar e a dureza da vida do traballo nas bravas augas da Costa da Morte. E esta noite fóisenos rodeado da súa familia.  Polas súas venas non corría sangue se non salitre do noso mar. No seu corazón aniñaban Camariñas e a Virxe do Carme, por iso, non nos cabe a menor dúbida, hoxe a Virxe do Carme está feliz de recibir coa danza de arcos a un dos homes que mais fixo por honrala a ela, ás tradicións do seu pobo, a Camariñas e todos cantos o coñecimos. Dende a Comisión de Festas do Carme honramos a Manolo como un dos bos e xenerosos e enviamos un abrazo entrañable a toda a súa familia. Descansa en paz amigo.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas