Unha gamela, a fondo de mar, cun lanse de produtos valorados en máis de 1500 euros

Na Comisión de Festas do Carme estamos que non cabemos no cacho. Hoxe fixemos entrega dos produtos que enchían, a fondo de mar, a Gamela do Nadal. O número afortunado foi o 590, que coincidía cos tres últimos díxitos do Gordo da Lotería Nacional que correspondeu a nosa veciña Mar Suarez Arén.

O valor dos produtos expostos na gameliña, que amablemente nos cedeu, como contedor da xenerosidade do comercio e empresas locais de Camaraiñas, José Manuel do Regino, supera os 1.500 euros xa que, aos produtos expostos súmaselle todo un lote de produtos de Cárnicos Raposo que serán recollidos en Olveira pola gañadora. Todo un “Gordo” para unha das familias mais senlleiras de Camariñas xa que a feliz afortunada é a filla de Dona Amparo do Arén, de Camariñás de toda a vida, que é tanto coma dicir do mais melloriño do mundo mundial.

Dende a Comisión queremos agradecer, de todo corazón, a colaboración de todos os que colaboraron entregando produtos ou comprando unha rifa. Coa súa xenerosidade farán posible que as festas do Carme sigan sendo Grandes.

Desgraciadamente non lle pode tocar a todos, pero podemos seguir tentando a sorte adquirindo as rifas para a carretilla de Reis ao precio dun euro cada unha. Non é a Gamela de Nadal pero ten produtos valorados en case 900 euros.

Moita sorte a todos e moi feliz Nadal e un próspero ano 2020 para todos.
Ahh!!, e non vos esquezades de seguir comprando a lotería para Reis. Seguro que desta vai.

Share on facebook
Compartir en Facebook
Share on twitter
Compartir en Twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas