Dende a Comisión do Carme queremos poñer en coñecemento dos veciños e veciñas de Camariñas que este fin de semana, dende o venres 27 ate o domingo 28, haberá unha serie de actos para celebrar a Baixada da imaxe da Virxe do Monte dende o Monte Farelo ate a Igrexa parroquial. Estes actos son os que figuran no cartel que temos distribuído polos comercios e lugares públicos do pobo:
Queremos animar a tódalas persoas que teñan embarcacións, de calquera lista, a que participen o sábado 27, as 12 da mañá, na homenaxe que a Armada Española fará, na bocana da ría, á Virxe do Monte.
Igualmente convidamos a todos a participar na Baixada que se levará a cabo o domingo 29 despois da misa que se celebrará as 12.30 na capela do monte.
CONTAREMOS, PARA TÓDALAS PERSOAS QUE O PRECISEN, DUN SERVICIO DE AUTOBÚS PARA FACILITAR A ASITENCIA Á MISA NA CAPELA DO MONTE.
Todas estas actividades contan coa colaboración do Concello e fináncianse cos fondos dos donativos de 2020 e con remanentes do Carme. Agardemos que o próximo ano xa se poida celebrar a festividade da Virxe do Monte como é debido. Este ano fixemos o que poidemos e, Sempre, de acordo coas conversas mantidas co Señor Cura Párroco de Camariñas.
Agardamos que todos disfrutedes deste último fin de semana festeiro deste ano 2021.
