A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” ofrece, a través da súa páxina web, a posibilidade de que, quen así o desexe, poida colaborar cos seus donativos a achegar recursos para que as nosas festas do Carme sigan sendo un referente no calendario festeiro galego.
Calquera camariñán, ou non, dende calquera lugar do mundo, e dende a comodidade do seu fogar, pode facer chegar o seu donativo a través de pay pal. Ese xesto, por modesto que sexa, irá directamente a conta corrente da Asociación e o donante terá un xustificante bancario do seu donativo.
Este é un servicio que nos teñen demandado, sobre todo, os centos de camariñáns espallados polo mundo e que amosan o desexo de colaborar coas festas do seu pobo. Para eles, e para todos, dende xa está operativa esta posibilidade de contribuír por vía telemática.
Gracias de antemán a todos pola xenerosa colaboración e agardamos vernos o 16 de xullo celebrando un Carme que, aínda con restricións, será tan emotivo e tan emocionante coma sempre, aínda que as circunstancias nos condicionen a todos.
Este servizo é posible grazas á colaboración da empresa WP Nordés, propiedade de Diego Alonso Freire, colaborador habitual coas diferentes comisións de festas dende hai máis de 15 anos.