Excursión de Nadal a Vigo para ver o acendido das luces navideñas

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” organiza para o día 14 de decembro unha excursión a Vigo para contemplar o espectáculo de luces de nadal desta cidade. Esta actividade xurde por un gran número de peticións que teñen chegado á ACCDR Virxe do Carme por parte dos veciños e veciñas de Camariñas. A saída será as 15.00 horas do mencionado 14 de decembro, da Praza de San Xurxo de Camariñas, e o retorno está prevista para as 12 da noite do mesmo día. Esta excursión ten un carácter eminente lúdico pero tamén colaboradora coas festas do Carme de Camariñas xa que, unha parte dos 22 euros que custa a actividade, vai destinada a financiar as festas patronais do Carme.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas