O domingo 27 de xaneiro nova Andaina do Carmen 2019

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” é unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve distintas actividades ao longo do ano, aínda que a súa función principal é a organización das festas patronais do Carme de Camariñas. Tamén desenvolve todo un amplo abano de actividades, entre elas, a organización de distintas actividades deportivas vinculadas ao aire libre, como son as andainas.

Neste 2019 ten previsto celebrar varias andainas que, a parte de fomentar e promover a vida san e o deporte de natureza, pretenden vincular tódalas parroquias do concello de Camariñas. E así, a primeira delas será este próximo domingo 27 entre Camelle e Camariñas con un percorrido aproximado de 12 quilómetros.

A saída será as 10 da mañán dende o Museo de Man, en Camelle, ate a Casa de Pedra de Camariñas. Os sendeiristas serán trasladados en autobús dende Camariñas, Xaviña e Ponte do Porto ate Camelle. A saída de Camariñas será as 9.30 e irá facendo paradas en Xaviña e Ponte do Porto.

A participación inclúe un xantar de irmandade de tódolos participantes ao remate da mesma. A cuota de participación e xantar é de 15 euros dos que unha parte irán destinados ao financiamento das próximas festas do Carme. O precio inclúe, tamén, un prato de barro de Buño coa imaxe da Virxe do Carme grabada. Para inscribirse e recibir información adicional chamar ao número 646 94 22 95.

Xa podes colaborar co Carme vía Paypal

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas

fai o teu donativo ao carme a través de paypal