Cartel da Cena Baile de Nadal do Carme 2020

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” celebrará unha Cea de Nadal e baile para recadar fondos para financiar as festas do Carme de Camariñas do 2020. Celebrarase o próximo día 30 de novembro no restaurante La Marina, de Camariñas, as 22.00 horas. O menú consta de empanada, ameixas á mariñeira, xarrete de tenreira, postre, café e chupito e o seu prezo é de 22 euros, dos que seis corresponden ao donativo para recadar fondos para as festas do Carme 2020. Ao remate, e antes do baile, sortearanse diversos produtos donados polo comercio local de Camariñas. Entre eles unha magnífica sombrilla de encaixe. Dende a ACCDR Virxe do Carme de Camariñas agradecemos o apoio institucional e social que estamos recibindo para que as nosas festas sexan cada vez mellores.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas