O próximo día 16 de febreiro a Comisión do Carme organiza un xantar para recadar fondos para as festas do Carme deste ano. E como se trata de época de entroido o menú non pode ser outra cousa que un GRANDIOSO COCIDO que elaborará o recoñecido restaurante Villa de Oro da vila de Camariñas.
En próximos días estarán á venta as entradas a un precio de 22 euros e os nenos a 10. Nin que dicir ten que non solo se pode ir disfrazado se non que, a Comisión anima a acudir cos mellores disfraces e, quen saiba e queira, con instrumentos musicais para animar a sobremesa.
Colaborar co Carme é moi importante, pero si se fai en torno a unha mesa e en boa compaña, moito mellor. Así que, reservade o xantar do domingo 16 de febreiro para desfrutar dun magnífico cocido e de divertimento asegurado en boa compañía. Gracias pola vosa colaboración desinteresada, coma sempre.
