O Carme 2020: Comunicado da Comisión do Carme de Camariñas

A Comisión das Festas do Carme comunica que pretende organizar a Misa e Procesión Marítima do Carme de Camariñas, sempre e cando as circunstancias o permitan, e que, baixo ningunha circunstancia, ten intención de celebrar verbenas nin actos multitudinarios que poidan poñer en perigo a saúde dos veciños e veciñas de Camariñas.

Diante dos rumores que veñen circulando ultimamente polo pobo sobre a celebración, ou non, das festas do Carme, a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, quere facer público o seguinte:

  1. NUNCA foi intención desta Asociación organizar verbenas ou outros actos multitudinarios, tales como a sardiñada, ceas, andainas ou calquera outra actividade para recadar recursos económicos para a celebración do noso Carme. AÍNDA QUE A LEI O PERMITISE NON O PERMITE O SENTIDO COMÚN.
  2. Todo iso non é incompatible con que se celebren os actos litúrxicos e de honra con que cada ano homenaxeamos aos nosos mortos e ás nosas tradicións mais queridas. Así, si a autoridade relixiosa estima oportuno celebrar a misa e a procesión na honra da Virxe do Carme, a Asociación prestará toda a súa colaboración na organización e bo desenvolvemento das mesmas, tal e como sempre se fixo, e sempre de acordo co establecido polas autoridades competentes. De igual xeito, sempre que a confraría tome un acordo sobre a posible celebración da procesión marítima, estaremos ao que as autoridades nos indiquen, tanto en materia de seguridade sanitaria como de orde pública. O mesmo cabe dicir da Danza de Arcos que, de celebrarse, contará, coma sempre, coa nosa colaboración.
  3. Seguiremos atentos á evolución dos acontecementos e iremos informando segundo estes se vaian producindo.
  4. Por outro lado, como xa coñecedes, tíñamos comezado a recollida de donativos para a celebración da romaría da Virxe do Monte que, co establecemento do Estado de Alarma, quedou suspendida o 14 de marzo. Os escasos donativos obtidos serán destinados á festividade da Virxe do Monte do próximo ano.
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas