Calendario do Carme 2020, cada mes unha acuarela que identifica un fito Camariñán

A artista porteña, Purificación Lema del Rio prestou a súa colaboración altruísta á Comisión de Festas do Carme para a confección dun calendario único destinado a recadar fondos para o programa de festas do próximo ano 2020.  Para cada mes, Purificación Lema del Rio creou unha acuarela única, que reflicte unha paisaxe, un motivo ou un acontecemento onde se senten representadas tódalas parroquias e tódolos habitantes de Camariñas. Esta colaboración extraordinaria converte un modesto calendario nunha obra de arte única e irrepetible xa que, cada unha das láminas está é orixinal e creada en exclusiva para que poida ser enmarcada e pasar a formar parte do patrimonio de cada unha das persoas que, xenerosamente, adquira un calendario para controlar o paso do tempo e, ao mesmo tempo, colaborar no financiamento dunha das mellores festas de Galicia. Os calendarios estarán a venta en próximos días ao prezo de 5 euros que serán destinados, integramente, a financiar o programa de actividades do Carme 2020. Dende a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carmen de Camariñas” queremos amosar o noso agradecemento por esta colaboración que, en moitos aspectos da mesma, é única e impagable.

Share on facebook
Compartir en Facebook
Share on twitter
Compartir en Twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas