Benvida da comisión á web do Carme de Camariñas

A maioría das nacións teñen un día nacional que serve como catalizador dos sentimentos e as emocións colectivas. Algo que os identifica e que, por medio da celebración, transmiten ao resto dos pobos do mundo e a si mesmos un sentimento de identidade. Para un camariñán o seu Dia Nacional é o Carme. Estea onde estea, si un camariñán non pode estar o 16 de xullo na súa vila atópalle sentido á definición de saudade. Porque o Carme, para quen tivo a sorte de ser camariñán, son os sons e as cores da Danza de Arcos; son o salseiro do noso mar durante a procesión marítima; é a emoción da ofrenda floral aos que morreron no noso mar; é o arrecendo a carne asada que chega de cada ventá e porta aberta para propios e alleos; é a sardiñada na Area da Vila; é a nosa ría iluminada por fogos máxicos que reproducen o firmamento nas augas que foron, son e serán fonte de vida e riqueza dos nosos fogares; é, sobre todo, unha emoción que nace dende o mais profundo de todos e de cada un dos homes e mulleres dun dos pobos con mais personalidade de Galicia. As persoas que hoxe conformamos a Comisión do Carme non temos mais aspiración que tentar facer unhas festas que sexan o reflexo de todos estes sentimentos. Sabemos que, seguramente cometeremos moitos erros neste intento, pero por gañas de traballar e por ilusión non vai a quedar. Coa axuda de todos habémolo conseguir e, sen dúbida, as nosas festas seguirán sendo, para todos nos, as mais importantes do mundo porque, como di o noso lema: Non hai rival!

Share on facebook
Compartir en Facebook
Share on twitter
Compartir en Twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas