A Asociación “Virxe do Carme de Camariñas” nomea Camariñán de Honra 2019 ao IES PEDRA DA ÁGUIA

A Asociación “Virxe do Carme de Camariñas” nomea Camariñán de Honra 2019 ao IES PEDRA DA ÁGUIA

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” entregará o próximo domingo o recoñecemento de Camariñán de Honra 2019 ao Instituto Pedra da Águia. Este recoñecemento, que se fai por segunda vez, pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns.

Neste caso a Asociación tivo en conta o traballo dun pequeno centro educativo, radicado no rural, e público, onde profesores, pais e alumnos, asumen retos e metas ambiciosas que redundan na formación integral dos xoves camariñáns, na súa promoción persoal e social, e, moi especialmente, na labor de coñecer e difundir no resto da sociedade a Unión Europea e as súas institucións. Este traballo acadou recoñecemento público co seu nomeamento como centro embaixador da Unión Europea.

O acto, que presentará José Luís Blanco Campaña, celebrarase na Casa de Pedra ás seis da tarde do domingo 14 de xullo e con el dase o pistoletazo de saída ás festas do Carme de Camariñas.

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” da cobertura legal as distintas comisións que organizan as festas patronais do Carme dende 2003.

A entrega formal do recoñecemento farase en datas próximas nun acto vinculado á celebración das festas patronais de Camariñas.