A comisión de festas do Carme sortea un porco de 100 quilos canal

A Comisión de festas do Carme sortea unha canal de porco de 100 quilogramos que será procesado en Cárnicas Raposo, de Dumbría, seguindo as indicacións do afortunado, ou afortunada, que posúa o boleto que coincida co sorteo da lotaría nacional do 29 de febreiro de 2020.
Este sorteo enmárcase no programa de actividades que dende a Comisión se levan a cabo para a obtención de recursos cos que financiar as festas do Carme do presente ano. Así, este ano, en lugar de sortear un lote de produtos típicos do entroido, optouse por ofrecer aos veciños e veciñas de Camariñas a posibilidade de levar aos seus conxeladores un cocho de 100 quilos sacrificado e procesado por unha das empresas de referencia no tratamento do porcino da nosa comarca.

Cárnicas Raposo colabora habitualmente coa Comisión do Carme ofrecendo lotes dos seus produtos para os sorteos que se teñen celebrado ao longo do pasado ano, tanto para entroido coma para nadal. Nesta ocasión a Comisión optou por comprar un exemplar enteiro dun dos porcos criados nas instalacións desta empresa, para ofrecelos aos veciños de Camariñas que queiran xenerosamente colaborar coas festas do seu pobo. O gañador, ou gañadora, acudirá ás instalacións de Cárnicas Raposo onde, de acordo coas súas indicacións e necesidades, o persoal técnico da empresa procederá a transformar todo un porco íntegro en chuletas bistecs, chourizos, cachucha, e todo tipo de delicatessen que agocha un porco.
A participar e a colaborar. O premio paga a pena. E a finalidade do mesmo, tamén. As rifas estarán a venda a partir da próxima semana ao precio de 2 euros cada unha delas. Moita sorte e moitas gracias.

Share on facebook
Compartir en Facebook
Share on twitter
Compartir en Twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas