Video do Carme de Camariñas do ano 1987

Dende a Comisión de Festas do Carme de Camariñas seguimos recolectando verdadeiras xoias audiovisuais para o arquivo da nosa vila, e sobretodo para os devotos da nosa virxe. Nesta ocasión presentámosvos o video completo do Carme de Camariñas do ano 1987. Un verdadeiro tesouro filmográfico que se rescatou gracias ao traballo inxente que fixeron durante cáseque 15 anos dende a web Camarinas.eu e que volvemos a recuperar desta volta dende a comisión. Trátase dunha grabación da nosa festa das que se solían realizar na década dos 80 e 90. Os autores desta e de todas esas míticas cintas do extinto sistema VHS foron a familia que rexentou o mítico negocio de fotografía camariñán “Foto Alonso”. Unhas cintas cun valor incalculable para que non só todos lembremos ese maravillosos anos, se non que tamén as vindeiras xeracións sepan continuar ese legado secular, verdadeiro tesouro en pano para calqueira vila, que son as festas do Carme de Camariñas. Non haberá mellor legado para os nosos pequenos.

Share on facebook
Compartir en Facebook
Share on twitter
Compartir en Twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas