Poesía "O Día do Carme" por Antonio Puertas Lema

Poesía "O Día do Carme" por Antonio Puertas Lema

Na sección de poesías sobre a nosa Virxe do Carme estreamos outra entrega dun poema que nos envía o Pregoeiro do Carmen 2016 Antonio Puertas Lema. Todos aqueles que desexen colaborar enviando unha poesía a esta sección poden facelo enviandoa por medio do email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O Día do Carme, por Antonio Puertas


Xa saben os mares que han ter que bailar
coas ondas da ría que veñen e van;
e os arcos dos mozos, que han ter que danzar
no espello das augas ca luz do verán.

E a Virxe do Carme, xa Ela ben sabe
que, encarando o Carmelo e o faro Vilán,
hai festa no pobo, e portas sen chave,
e a ría ben sabe que alí todos van.

I, aló entre a Barca e a Virxe do Monte,
xa saben as bombas que han ter que estoupar,
i, os mozos e vellos de hoxe e de onte,
á Salve nas augas han ter que cantar.

Xa saben as gaitas que ca espuma vai
o rezo dun pobo, que ó ceo ha voar,
danzando a barca, que, bicando, lles fai
a alma mariñeira da xente do mar.