O Carme de Camariñas no programa No Bico un Cantar da TVG

No noso mergullamento diario en busca de imaxes e videos relativos a nosa festa do Carme atopamos unha reportaxe que queremos amosar a todos os nosos seguidores. Trátase do programa da Televisión de Galicia "No Bico un Cantar" que foi grabado hai uns anos na nosa vila. Nesta reportaxe que, fundamentalmente se adica a canción de Camariñas podemos ver entre moitos dos nosos queridos veciños, imaxes da nosa procesión marítima e da Virxe do Carme. E aquí, como andamos sempre en busca destas xoiais para gardar no noso arquivo do Carme, non dubidamos en publicala no noso blog para que quede para a posteridade. Esperamos que sexa do voso agrado.