A bendición da Virxe do Carme dos Nenos de Camariñas

Hoxe queremos rememorar no noso blog o sagrado momento da bendición da Virxe dos Nenos de Camariñas na Capela do Carme. Unha imaxe realizada en madeira pola comisión de festas do ano 2016 e que foi bendecida polo lembrado Cura Párroco de Camariñas naquel entonces, o tristemente falecido Don Jesús Nieto Baneira. O acto celebrábase, como dicíamos, o día 15 de xullo na véspera do Carme 2016 despois da impresionante primeira procesión do carme dos nenos que enchía camariñas de orgullo e xúbilo ao ver aos seus pequenos rendir devoción a súa virxiña. Ao rematar o pregón a cargo do poeta camariñán Antonio Puertas Lema na Praza de Insuela, a comitiva trasladávase nese momento cara a Capela do Carme donde era realizada esa bendición no máis puro estilo de Don Jesús diante duns devotos e, sobretodo duns nenos, que non olvidarán nunca ese momento. E nos tampouco a Don Jesús. A imaxe da Virxe dos Nenos, tal e como xa é popularmente coñecida en toda Camariñas, está gardada na Capela do Carme e todo aquel que desexe vela pode facelo durante as misas que se celebran tódolos domingos as 9:30 da mañán no santuario camariñán.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas