Abel Caballero recibe os camariñáns que, da man da Comisión do Carme, visitaron o mundo máxico do nadal vigues

Este sábado as rúas de Vigo estaba ateigadas de xente. Milleiros de persoas de toda Galicia, e de fora dela, paseaban as rúas da cidade olívica admirando o mundo máxico creado polo seu concello onde tradición e modernidade danse a man nun espectáculo único.

Entre esta marea humán atopábanse medio cento de camariñáns, de tódalas parroquias, que se sumaron a iniciativa da Comisión do Carme e encheron o mais grande e mais moderno autobús de Autos Fondo para admirar e disfrutar do nadal vigués e, ao mesmo tempo, contribuir a financiar as festas do Carme do próximo ano.

Esta expedición camariñana foi recibida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, no buque insignia do espectáculo de luz e de son do nadal mais mediático de España: a grande árbore instalada na Porta do Sol de Vigo. Tampouco faltou á cita o seu concelleiro, responsable de todo o que ten que ver nadal de Vigo, Angel Rivas, a quen agradecemos a súa amabilidade e profesionalidade.

Unha tarde estupenda de camaradería entre todos, de aprendizaxe e de compartir experiencias e vivencias. E a guinda foi esta atención que tivo para con todos nos Abel Caballero. Moitísimas gracias alcalde.

Dende ACCDR Virxe do Carme seguiremos traballando para que o Carme acade niveis de excelencia, nas festas patronais, semellantes as que ten conseguido Vigo co seu nadal. Por falta de esforzo e dedicación non quedará. Gracias a todos pola colaboración.

Share on facebook
Compartir en Facebook
Share on twitter
Compartir en Twitter

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas