
Carta aberta da Comisión do Carme 2018-2021: Ata aquí chegamos
Parece que foi onte, pero xa van alá mais de tres anos dende que o alcalde Pichurri nos pediu a un grupiño de xubiletas que nos fixéramos cargo das festas do Carme ou quedábamos sen elas. A verdade é que parecía imposible tal posibilidade pero as datas estaban enriba e non se albiscaba a ninguén disposto a asumir tal responsabilidade. Despois de moitas disquisicións, de algunha chamada da hostalería local