Historia do Carme de Camariñas

Unha breve reseña da nosa Festa do Carme por Xosé Luis Blanco Campaña, Cronista Oficial de Camariñas

Festas do Carme hai moitas. Hainas mesmo nas parroquias do interior, sen procesión marítima e salve mariñeira, ainda que a nós, os da beiramar, nos pareza imposible. Pero o Carme de Camariñas é cousa aparte. En realidade, todo o que ten que ver coa vila das palilleiras leva sempre un selo que o diferencia e distingue dos demais, pero esa maneira de ser nosa tan característica ponse de manifesto, mais que nunca, nos días en que honramos á Nosa Señora do Carme. Para empezar, velaí un aviso ós navegantes: estamos en territorio mariñeiro. Aquí, ser de mar é un orgullo. E aínda que, dun tempo a esta parte, os novos tempos permitironos ter camariñáns abogados, médicos, deputadas, profesoras, xornalistas e demáis, todos adoitamos presumir de que os nosos pais e avós foron homes de mar.
Nesa liña de relación co mar, tamén nos gabamos de que o noso Carme non pode ser un Carme como é debido se a imaxe da patrona dos mariñeiros non baixa da igrexa parroquial ata o peirao do Curbeiro acompañada por medio cento de mariñeiros, que bailan no seu honor. Ó longo de tantos anos, nunca faltou quen intentara que os danzantes honraran co baile da Danza de Arcos a distintas personalidades, mais nunca o lograron. Os mariñeiros de Camariñas tiveron sempre a gala bailar para a súa patrona… e mais nada.

A Procesión Marítima

A procesión marítima que se celebra o 16 de xullo na Ría de Camariñas respresenta o fervor e devoción á Virxe do Carme polos mariñeiros da Vila das Palilleiras. Unha tradición que se remonta tantos anos que se perde no tempo.

Image
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Integer adipiscing erat eget risus sollicitudin pellentesque et non erat. Maecenas nibh dolor, malesuada et bibendum a, sagittis accumsan ipsum. Pellentesque ultrices ultrices sapien, nec tincidunt nunc posuere ut. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nam scelerisque tristique dolor vitae tincidunt. Aenean quis massa uada mi elementum elementum. Nec sapien convallis vulputate rhoncus vel dui.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Integer adipiscing erat eget risus sollicitudin pellentesque et non erat. Maecenas nibh dolor, malesuada et bibendum a, sagittis accumsan ipsum. Pellentesque ultrices ultrices sapien, nec tincidunt nunc posuere ut. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nam scelerisque tristique dolor vitae tincidunt. Aenean quis massa uada mi elementum elementum. Nec sapien convallis vulputate rhoncus vel dui.

A Danza de Arcos

Unha das danzas brancas máis representativas de Galicia é a que se representa os días 16 e 17 de xullo na Festa do Carmen de Camariñas para acompañar a nosa Virxe en procesión polas rúas da Vila das Palilleiras

Image
A tradición da Danza de Arcos na vila mariñeira de Camariñas remóntase á decada dos vinte do século pasado, cando, segundo nos ten contado Branca de Roque, un maquinista de Cariño que atendía polo mote de “Boca Rachada” e ía ó mar nas tarrafas de Cerdeiras, decidiu ensinarlle ós camariñáns esta danza, moi típica na vila norteña da que procedía.
Os primeiros ensaios tiveron lugar no campo de Cedeira e a primeira vez que se bailou a Danza de Arcos diante da nosa Virxe do Carme foi nos anos vinte, cando don José Bedoya era Axudante Militar da Mariña de Camariñas.
Dende sempre, os danzantes visten pantalón branco –no seu dia, o que traían cando voltaban de face-lo servizo militar-, camisa tamén branca e cintas de mil cores. Noutrora calzaban alpargatas de esparto, que ían buscar á casa do “Cancholo”, na praza da vila, e dun tempo a esta parte levan todos un mesmo modelo de tenis, facilitado pola Comisión de Festas.
A Danza foi sempre cousa de mariñeiros e de ninguén mais. Convertida en tradición, esta foi pasando con total naturalidade de pais a fillos, que sempre tiveron a gala participar nesta iniciativa comunitaria, en honor da patrona dos homes do mar. Sen embargo, o cambio experimentado pola sociedade fixo que tamén os camariñáns de outras profesións puidesen incorporase a danza, onde sempre son moi ben recibidos, e falamos por experiencia propia, ainda que a maioría segue nas mans dos nosos mariñeiros, que son os mellores.
O primeiro xefe da Danza, porque xa é sabido que os bailaríns deben obedecer ó primeiro da fila, que empuña un bastón con bandeiriñas de cores na súa man dereita, en sinal de mando, foi Tomás da Fisterrana, fillo de Xoseré, o irmán de Xaquín e Juanito Campaña, o meu querido avó. Moi preto del, como segundo xefe na práctica, estivo sempre o seu irmán Salvador.
Despois de Tomás da Fisterrana, a quen lembramos serio, ergueito e con señorio, que son as cualidades que, segundo os mais vellos do lugar, deben adornar a un bo xefe da Danza de Arcos, estiveron a fronte da mesma Farruco, moi bo tamén; o Manilo, excelente cantor de habaneiras e rancheras; e meu curmán Chuquiño, que foi o primeiro que explicou na televisión cómo se baila esta danza, dando a famosa explicación de que era algo moi sinxelo: “primeiro, arcos arriba e arcos abaixo; logo arcos abaixo e arcos arriba; e, finalmente, cando se fai a culebra, outra vez arcos arriba… e arcos abaixo”.
Dende hai algúns anos, é o fillo de Chuquiño e Lucía quen leva as rendas dunha Danza que só se baila dous dias ó ano, o dezaseis e o dezasete de xullo, sempre diante da imaxe procesional da Nosa Señora do Carme.
Ninguén mais, por moito que se ten intentado, é merecente do honor de ver bailar a Danza de Arcos ós mariñeiros de Camariñas.

Os días 16 e 17 de xullo, Camariñas sae en procesión coa súa Virxe

A procesión pola vila de Camariñas celébrase todos os 16 de xullo acompañada pola Danza de Arcos que leva a Virxe en volandas, para despois celebrar a misa de campaña no porto camariñán. Despois os barcos da vila prepáranse para levar en procesión pola Ría de Camariñas á protectora dos nosos mariñeiros. O 17 de xullo todo o pobo volve a levar á Virxe do Came outra vez en procesión cara a Igrexa de San Xurxo de Camariñas.

O Arquivo Audiovisual do Carme

Dende a Asociación Cívica Virxe do Carme estamos a desenvolver un proxecto para tratar de recuperar a memoria audiovisual da nosa Festa. Para elo convocaremos citas cos veciños para que nos mostren as súas fotos e videos que gardan nas súas casas para que podamos copialas e engadilas a este arquivo. 

carmne_camarinas_1987_video-3.jpg

A recuperación do archivo

O material audiovisual que se conserva da Festa do Carme de Camariñas está bastante espallado en casas particulares. Por iso dende esta asociación estamos levando a cabo traballos para recuperar unha parte desta memoria da nosa festa. Entre estas xoiais atopamos este video completo das festas do ano 1987 que foron cedidas para o pobo de Camariñas