A mellor Festa do Mundo

Festas do Carme

Camariñas - Costa da Morte

Benvida da Comisión

Todos os integrantes da Comisión do Carmen 2019 queremos dar a benvida aos visitantes desta nosa nova web. O principal obxectivo desta será o de dar a coñecer a todos os internautas todo o relacionado coa nosa festa e tamén de poñer en valor o pobo de Camariñas.

Sponsors do Carme de Camariñas

Empresas e institucións que apoiaron a creación da web da Festa do Carmen de Camariñas

Video promocional do Carme 2019

logo-carme-camarinas

Unha festa con tradición mariñeira

Camariñas vive do mar, e non se pode entender a vila sen a festa que honra á Virxen protectora dos nosos mariñeiros

Danza de Arcos

Para honrar á súa Virxe os mariñeiros bailan a Danza de Arcos

Procesión Marítima

Unha das procesións marítimas máis importantes de Galicia

Gran Sardiñada

A mítica sardiñada gratuita do Carme de Camariñas. Das máis multitudinarias.

Unha celebración con moito futuro

A miniprocesión dos nenos de Camariñas celébrase dende hai varios anos na véspera do Día do Carmen.

Todos e cada un dos participantes visten cos atuendos típicos da danza de arcos e levan en volandas a súa Virxen

O máis alto honor para un camariñán

Camariñáns de Honra

Os pregoeiros oficias do Carme de Camariñas son elixidos pola Asociación do Carme. Dende o ano 2017 esta persoaxe tamén recibe o galardón de “Camariñán do Ano”

Noticias e comunicados recentes

Vive o fervor do noso Carme

Os mariñeiros de Camariñas visten de gala as súas embarcacións para salir ao mar da nosa Ría e honrar a Virxe do Carme. Un dos momentos máis emotivos desta procesión marítima única no mundo é o instante no que a embarcación encargada de levar a imaxe da Virxe ofrece unha coroa de flores en lembranza dos mariñeiros afogados.

virxen-do-carme1